Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O perigo mortal (falso) da planta chamada Dieffenbachia

Seguramente vostede xa recibiu un ou máis correos electrónicos coma este.
Conta, en resume, os graves perigos aos que se expón quen manipula unha dieffenbachia, unha planta ornamental moi común (vexa fotografía) nas nosas casas.
Segundo o que se di no texto do correo electrónico, que probablemente lle remita algún coñecido, a dieffenchia é unha planta mortal. No caso que se relata, cóntase como un señor introduce na súa boca accidentalmente unha das súas follas, e como consecuencia, en poucos segundos, ponse en grave risco de morte.
Ademais doutros detalles, todos referidos á gravidade da vítima, tírase de documentación manipulada pero supostamente fiable (a referencia neste caso é a Wikipedia) e advírtese que un bebé que estivese en contacto con esta planta podería morrer nuns dez minutos.
Coa coñecida petición de difusión da mensaxe, esta cadea de rumores infundados pero cribles, hoax, asegura e multiplica a difusión por todo o mundo.
Segundo, precisamente a Wikipedia, nada máis lonxe da verdade.
A dieffenbachia é unha planta de orixe tropical, que se usa como planta de interior en Galicia.
En canto á toxicidade, en caso de mastigar unha das súas follas, poderían darse algúns casos con molestias leves, descríbese ardor estomacal ou eritema, sempre temporais.
Molestias sempre leves, en resume, que, sen embargo, semellans ser suficientes para que os propagadores de bulos e rumores gocen e se aproveiten da confianza que pode xerar que nos chegue á caixa do corrreo electrónico unha mensaxe (falsa) tan inxénua coma este.
Un rogo, se chegamos a tempo de avisalo, non sacrifique a súa dieffenbanchia.
Pode estar seguro; a dieffenbachia é inocente!

Difenbachia.pdf


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Súper inocente diría yo. Por estos lares las hay por todos lados en jardines de casas y edificios; en parques públicos e incluso en los jardines de las avenidas.

Enviado por Monabell Freire o 11/05/2013 ás 2:15:24


Hola soy Vicente Chueca. Presidente del Instituto Aragonés de Antropología. Estamos ante un caso de "leyenda urbana" con el matiz de venir " de fuera" y como todas las leyendas usa un vehículo de transmisión "creible" como es internet. Yo creo que he leído en algún lugar que incluso serpientes anidaban debajo y cuestiones similares...Evidentemente el peligro es falso. Pero el "por si acaso" está muy anclado en las mentalidades. Salud a espuertas, Vicente

Enviado por Vicente Chueca o 12/05/2013 ás 12:03:32


Enviar comentario a este artigo: