A morte do noivo
Un día empezouse a rumorear que un tolo escapara dun manicomio próximo á cidade de Lugo; polo visto era un personaxe moi perigoso e estaba totalmente transtornado. Esa mesma noite unha parella de namorados a punto de casar decidiron ir pasar a noite a un monte preto do manicomio sen decatarse da fuxida do tolo. Cando estaban a piques de chegar a aquel lugar o coche quedóuselles sen gasolina e tiveron que parar na estrada. O home decidiu ir buscar a gasolina mentres que a noiva quedaba vixiando o coche. Xa pasaran dúas horas e o mozo aínda non volvera, a rapaza estaba moi asustada e nerviosa, cando, de repente, empezou a escoitar uns sons moi fortes no teito do coche. Ela atemorizada sae do coche correndo e cando estivo un pouco alonxada mirou para atrás e viu no teito do coche un home cunha cabeza humana na man. Puido recoñecer a cabeza; era a do seu noivo. A rapaza entrou en crise nerviosa e aínda agora non se recuperou. Está internada no mesmo manicomio onde estaba o tolo quen, por certo, foi detido uns minutos despois. Recompiladora: Ruth Fernández Otero, alumna de 4º de ESO no IES Virxe dos Ollos Grandes (Lugo), curso 2006-2007. Informante: Mery (38 anos). Lugar e data de recollida: Lugo, ano 2003. Lugar da lenda: Monte nos arredores da cidade de Lugo.