Lendas urbanas
A moza da curva na Guarda
Sucedeu no lugar de Loucenzas, saíndo da Guarda en dirección a Baiona matáronse un mozo e unha moza, logo dun accidente por exceso de velocidade.
Desde entón, cando un coche pasa polo mesmo lugar a moita velocidade, o espírito ou pantasma da moza aparécese no asento do lado do condutor e pídelle que modere a velocidade para que non lle vaia pasar o mesmo ca eles.
_____
FONTE:Traballo do alumnado de 3º de ESO do IES A Sangriña, de A Guarda, curso 2007-08.