Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

A linguaxe das zapatillas (zapatos) penduradas (Shoefiti)

Desde principios da década dos 90 do século XX foise xeneralizando por todas as cidades e vilas europeas, e tamén nas galegas, o costume de pendurar dúas ou máis zapatillas ou zapatos dos cables teléfónicos ou da luz, de balcóns ou de árbores. Cando nos referimos a este fenómeno coa palabra inglesa “Shoefiti” (shoe+grafiti), soe ser atendendo a súa consideración como arte urbana, expresión artística coa que se pretende decorar o espazo ou simplemente realizar unha chamada de atención.
A técnica consiste en amarrar dous ou máis zapatos ou zapatillas cos seus atumes e logo lanzalos ata conseguir penduralos do cable ou doutro soporte. Hai teorías que supoñen que as cores e a variedade de calzado que se usa agacha un cófigo específico.

POSIBLE ORIXE
Súponse, aínda que non hain unha certeza absoluta, que esta práctica comezou nos barrios periféricos e marxinais dalgunhas cidades norteamericanas como símbolo identificador dos territorios de actividade ou ocupación de determinadas bandas xuvenís. Tamén hai quen supón que comezou nos cuarteis militares americanos, desde onde se exportaría aos países onde teñen bases militares, e que estaría en relación coa expresión “colgar as botas”; ou sexa, como celebración do remate do período de servizo militar. Parece ser que na península tamén se xeneralizou esta práctica en lugares próximos a cuarteis militares arredor de 1995.

POSIBLES SIGNIFICADOS
O significado desta práctica, a pesar de todo, resulta enigmático, pois son moitas as interpretacións, e por veces ben distintas, que se fan. Entre as máis coñecidos e populares están:
-Indican un punto de venda de droga. Segundo a cor do calzado, sinalaría que tipo de droga se expende.
-Memoria e homenaxe a alguén que morreu no lugar vítima da violencia dunha banda contraria.
-Memoria e homenaxe a un delincuente morto en “combate”.
-Código “okupa”. Indica casa dispoñible por falecemento do dono ou por outro motivo.
-Para favorecer a cobertura dos teléfonos móbiles. Dise que se os zapatos teñen a sola de goma, melloran a cobertura.
-Moito máis antiga parece ser a idea de que colgar as botas dun cable contribúe a mellorar a sorte e prosperidade dese lugar. Nesta liña están as interpretacións que aseguran que hai inmigrates africanos que cando atopan unha ocupación estable colgan o seu vello calzado nun lugar público en sinal de mellora e da posibilidade certa de mercar outro novo.
- Anunciar unha voda.
-Celebrar a fin dun curso académico.
-Un ou unha adolescente anuncian ao mundo que deixaron de ser virxes.

OS ZAPATOS COLGADOS NO CINE
Na película Big Fish (2003) de Tim Barton, Edward Bloom, o protagonista, chega a un pequeno pobo no que se ve un cable cheo de zapatos pendurados. A xente deixaba alí o calzado querendo dicir que xa non desexaban camiñar máis, que aquel era o lugar onde se querían quedar para sempre.

NOTA
A fotografía que ilustra este artigo foi tomada na estrada que conduce á praia de Covas, Ferrol (A Coruña) o 15 de agosto de 2012.

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN
Prezado/a lector/a: Agradecémosche que se dispós de máis datos para completar esta información, remitas o texto e as imaxes que consideres oportunas ao e-mail correo@galiciaencantada.com. É imprescindible a túa identificación.

(Artigo elaborado por GE a partir de varias referencias tiradas de páxinas web, de referencias orais e da aportación de Teresa Veiga (A Coruña). Agosto de 2012).


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Muy interesante este artículo. Quiero decirles que aquí en mi Ciudad de SAN RAFAEL (Provincia de Mendoza),ARGENTINA, ver zapatillas colgando en los cables eléctricos en los distintos barrios sólo tiene un significado y es "ZONA COMERCIALIZACIÓN DE DROGA". Flagelo cada vez más extendido entre los jóvenes sin distinción de condiciones socio-económicas. Muchas gracias.

Enviado por dianabar113@yahoo.com.ar o 18/08/2012 ás 20:59:08


A cerca do artigo sobre a posible simboloxía das zapatillas penduradas dos cables telefónicos ou de corrente eléctrica, a verdade é que os teño visto incluso en lugares arredados e lonxe de ningún posible lugar de venda de droga ou de marca territorial, como é no medio das dunas da praia de Coroso en Palmeira (Ribeira). Por certo, un lugar con cámping próximo, polo que sempre pensei que aquelas só eran trasnadas dos mozos despois dunha noite de festa.
            Sen embargo, creo que, aínda que só sexa por lembrar vellos contos populares, non está de máis traer a este foro o que se contaba dun navegante de principios do século XX, que nalgún porto do estranxeiro atopou uns zapatos que lle gustaron par a súa noiva e mercoullos; pero como o tempo de volver ó pobo para darllos ía para largo, falouno cun compañeiro máis experto en andar polo mundo adiante, e este recomendoulle que, a mellor maneira de mandalos era por medio do telégrafo.
            -¿E que é iso veciño?.
            -Nada home, ti pendúralos do cable de telégrafos, e mañá xa os ten con ela.
            E ó día seguinte, o mozo foi mirar polos zapatos e, efectivamente, estes non estaban no cable.


Enviado por Francisco Ant. vidal o 20/08/2012 ás 12:27:04


En la República Dominicana "colgar los tenis" es morir. Allí en los campos se cuelgan los teneos (zapatillas) de los cables eléctricos cuando alguien fallece.

Enviado por AC o 22/05/2013 ás 18:28:26


Eu tenho escoitado que era um modo de indicar que o/a posuidor/a dos sapatos ía suicidar-se.

Enviado por Ernesto Espinha Calo o 18/08/2012 ás 23:16:25


Enviar comentario a este artigo: