Actualizado en data 22/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A casa encantada de Portocelo

En Portocelo, Xove (Lugo), hai un edificio de pedra construído no século XVIII ou XIX, de muros grosos, cuberta a catro augas e esplendidas vistas ó mar. Nin o actual propietario, nin os seus devanceiros inmediatos, viviron nela. E mesmo contan que o que a fixo era un tipo raro. Na casa pasaron e aínda pasan cousas raras. Unha vez que durmiran nela unha cuadrilla de homes, amenceron ó día seguinte coas cabezas postas no lado contrario do que se deitaran e cos cordóns dos zapatos amarrados ós do que tiñan ó lado. Teñen metido burros a durmir nela e pola mañá amencen cubertos de suor, unha pinga en cada pelo. Non hai moito tempo un home de Viveiro quedara antes do amencer diante da casa co dono para andar ó calamar; e viu como a cadea da leña estaba atravesada de parte a parte da estrada. Máis soprendido quedou o dono da casa cando llo contou; había moito tempo que non se andaba coa tal cadea. E tamén hai pouco meteron na casa patacas da semente de tamaño normal pero ó día seguinte aquelas patacas mermaran ata o tamaño dun ovo de pomba. Seguro que hai máis rarezas desta casa que non coñecemos, pero agardámolas.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: