Lendas urbanas
Non só os cans lamben
Hai uns anos vivía en Vilalba (Lugo) unha familia propietaria dunha próspera empresa de automóbiles. Os pais da familia viaxaban con frecuencia e deixaban soa á nena duns 14 anos. Para que a nena non tivese medo, os pais mercaron un doberman negro, de aspecto fero, con fortes pernas para gardar casa e nena.
O doberman adoitaba durmir aos pés da cama. Cando a nena tiña medo deixaba caer a súa man para que o can lla lambese.
Unha das moitas noites nas que a cativa quedara soa escoitou un ruído; a nena encolleuse nas sabas e mesmo lle pareceu sentir que abrían a porta do cuarto. Sen embargo, cando a nena, ao baixar a man, sentiu a lingua do can tranquilizouse e non tardou en adormecer.
Ao día seguinte as cousas de valor desapareceran da casa e na paraede unha inscripción feita con sangue de doberman poñía: Non só os cans saben lamber.
[Lenda urbana remitida por Brais Lamela Gómez, residente en Vilalba (Lugo). Marzo de 2008]