Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

Tráfico de órganos en Lugo

Contáronme que hai uns meses, no almacén dos chineses que hai no Ceao, os policías tiveron que arrestar a uns chineses que traballaban alí.
Resulta que no momento de cerrar o almacén saía del unha parella. Cando estaban fóra, a muller decatouse de que lle quedara o bolso dentro do establecemento e foi por el mentres o seu noivo agardaba.
Cando entrou, uns chinesess collérona e atárona, logo metérona nun lugar escuro e déronlle unhas pastillas para que se quedase dormida. Pouco despois o rapaz notou que a súa noiva tardaba moito e entrou no almacén pero dixéronlle que alí non quedaba ninguén; entón colleu o móbil e chamou á policía para que fosen ver o que pasara.
Cando a polícia chegou e entrou no almacén viron a un grupo de cinco chineses ao redor dunha muller, a noiva do rapaz, que estaba no chan inconsciente pois os chineses pretendían quitarlle os órganos e traficar con eles.
O decatarse disto, a policía detívoos e precintoulles o almacén.

Recompiladora: Patricia Vázquez Rodríguez, alumna de 4º de ESO no IES Virxe dos Ollos Grandes (Lugo), curso 2006-2007.
Informante: Aurora (30 anos).
Lugar e data de recollida: Portomarín (Lugo), novembro de 2006.
Lugar da lenda: Polígono industrial “O Ceao” (Lugo).


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Esto es cierto ya que paso aqui en Vigo muy cerca de donde yo vivo en la calle Urzaiz.Esa tienda tardo bastante en volver a alquilarse porque se comenta que al menos a esta chica la lograron salvar pero que hubo una serie de desapariciones que todavia se estan investigando y que pudieran estar relacionadas.Ami me da yuyu pasar por esa tienda y tengo una amiga que compraba ahi ¡que suerte tuvo.

Enviado por Maria o 09/12/2008 ás 3:05:29


Enviar comentario a este artigo: