Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

A nena do azucre

Isto pasou no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), nas proximidades do encoro da Ribeira. Era un señor que acababa de comprar aquela casa e pola noite oía ruídos cando se metía na cama. Unha noite baixou á porta, abriuna e viu unha nena que lle pediu azucre. O señor dixolle que ía á cociña polo azucre pero cando regresou a nena xa non estaba. Ao seguinte día pola noite sentiu petar á porta. O señor, pensando que era a mesma nena, foi á cociña, colleu unha pedra de azucre na man e foi abrir a porta; e, efectivamente, alí estaba a mesma nena. A nena preguntoulle se lle daba o azucre e o señor deullo, mais ao intre sentiu un forte peso no pé. Mirou para abaixo e viu a pedra de azucre no chan. Cando ergueu a cabeza, a nena xa non estaba, así que pechou a porta. Ao día seguinte pola noite o señor viu na television unha noticia que contaba da desaparición dunha nena. E cando puxeron a foto da nena desaparecida o señor deuse conta de que falaban da nena que lle pedira o azucre a noite anterior. Nunca máis se volveu a saber da nena nin do señor.

[Texto remitido en marzo de 2007 por un alumno dos colexio IES Monte Caxado, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)]

Ilustración de X. Manuel Segade Rivas


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

son de As Pontes, e é a primeira vez que oigo esta historia..

Enviado por Laura o 10/11/2008 ás 21:54:11


Muy bonita a lenda da Nena do azucre

Enviado por . o 08/10/2017 ás 11:17:24


A nena do azucre é unha historia moi bonita cun final moi intrigante, no que os lectores querrían saber o que pasou.










Enviado por Paloma Núñez Golpe o 22/01/2008 ás 16:56:23


E moi bonita a lenda da NENA DE AZUCRE
pero deixa moita intriga

Enviado por María o 17/11/2022 ás 19:38:33


Enviar comentario a este artigo: