Toponimia
Tira-ca-estela
Esta historia conta como se lle puxo o nome a Triacastela. A lenda di que un día, cando Triacastela aínda non tiña nome, estaban unhas mozas lavando a roupa no río Oribio. As mozas, ademais de lavar a roupa tamén ían buscar mozo, xa que aquelo era un lugar de encontro. Cando estaban lavando a roupa chegou o mozo máis guapo do lugar, polo que lle gustaba a casi todas as mozas.
Dúas delas empezaron a discutir a ver quen se ía quedar con el, e neso, unha delas colleu unha estela e a outra dixolle:
—Tira ca estela!
E este nome foi o que se lle puxo daquela, aínda que agora se modoficou un pouco.
Recompilador: Miguel Ángel Fernández Río, alumno de 3º de ESO no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo), curso 2005-2006.
Informante: Felisa Rubio Torres (83 anos).
Lugar e data de recollida: Triacastela (Lugo), maio de 2006.
Lugar da lenda: Río Oribio, Triacastela.(Lugo)
Nota: Véxanse outras versións sobre a orixe do topónimo.
COMENTARIOS ENVIADOS
Lugar onde alguhas publicacions sitúan a cidade romana de Talamina (Talamina Sectorum) durante a fundación da cidade imperial adicada ao emperador Augusto:Lucus Augusti.