Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Castro de San Martiño de Lanzós

»Din que apareceu un tesouro, aí ao Adro, no castro. Naide o recorda, pasou fai moitos anos. Apareceu un baúl cheo de xoias e lanzas. Por eso se chama Lanzós esta Parroquia. Deixárono os que vivían no castro cando se foron, porque non podían con todo o que tiñan para levar. Deixárono con intención de volver por el, pero non volveron máis e atopárono os que viñeron vivir despois. O cofre seique estaba cheíño de xoias de ouro e lanzas. O caso é que os que o atoparon puxéronlle Lanzós a esta parroquia que quere decir Terra de Lanzas. Vai tu saber si son contos todo. Tamén din que aí enriba no Coto do Ouro (Linde entre parroquias) hai un xugo de ouro enterrado, fai anos mandaban as cabras pacer ao monte, por mirar de atopalo. Bo!, se te pos a crer nesas cousas, esos son contos que se contan, pero non hai xugos, nin ouro, nin hai nada.»

[Informante: veciña de Lanzós, 81 anos, O Cotelo]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: