Toponimia
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Pedra Alta ou Antela
A Pedra Alta é un menhir, tamén é coñecido como Antela, e é a que dá nome á lagoa de Antela. Era o marco divisorio de tres concellos da provincia de Ourense: Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio e Sarreaus, que forman parte do Val de Antela ou A Limia A virxe ía voando de camiño a Cortegada dende o monte Poedo levando a pedra na cabeza e ó chegar onde está hoxe, caéulle quedando chantada no chan. Outros dín que era unha moura que ía fiando á vez que levaba a pedra na cabeza. [Texto e foto remitidos por Xavier Feixoo, Sandiás, Ourense]
BIBLIOGRAFÍA