Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Toponimia

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 100: A filla do Ponteciña

Na parroquia de Tebra, Tomiño, había un castelo que era de Pedro Madruga, señor déspota que obrigaba a toda a veciñanza a entregarlle canto tiñan. Un veciño, coñecido como Ponteciña por ser do lugar así chamado, opúxose e o señor choeuno no castelo coa condición de que só o deixaría libre se aguantaba un mes sen comer.

O Ponteciña tiña unha filla que acababa de dar a luz e que o ía visitar todos os días pero como a cacheaban para que non lle levase comida, ocorréuselle aleitar  o pai pola xanela da prisión. Pasou o mes, o Ponteciña resistiu e a Pedro Madruga non lle quedou máis remedio ca ceibalo.

Paco Martín recolleu esta adiviña que o conta doutra maneira: O neno que mama o meu peito / é o avó dos meus fillos / e o home da miña nai; / adiviñe, señor rei / e senón solte ao meu pai.

A historia recrea un vello mito grego e romano sobre a piedade filial no que se conta como se libran de morrer de fame na cadea un pai ou unha nai.

Se desexan saber algo máis lean o artigo titulado «A filla que aleita ao pai ou a Caridade Romana».


 SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 20 de xaneiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: