Toponimia
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Pedra do Frade
«No antigo camiño que ía de Vilaseco (Castrelo-Vimianzo) a Suxo (Ozón-Muxía), sitúase o penedo denominado Pedra do Frade, que fai de lindeiro entre os concellos de Vimianzo e Muxía. Preto del está a aldea do mesmo nome pertencente á parroquia de Berdoias. Este camiño ata hai poucos anos era o que seguían os romeiros que se dirixían ao santuario da Virxe da Barca procedentes da terra de Soneira.
Cóntase que a carón deste penedo foi devorado por unha manada de lobos un monxe que se dirixía ao mosteiro de San Xulián de Moraime. Del tan só deixaron as sandalias e parte da vestimenta, que foi o que atoparon os veciños da aldea próxima. Estes para deixar constancia deste desgraciado suceso, chantaron unha cruz enriba da pedra. Desde aquela este voluminoso penedo coñécese como a Pedra do Frade».
BIBLIOGRAFÍA