Toponimia
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Lendas das mámoas de Morá (O Saviñao)
Na necrópole do Monte da Morá (entre Lamacrebada e Vilar de Ortelle), O Saviñao (Lugo), recolleuse o seguinte folclore referido ás mámoas nº 1 e nº 4.
Da nº 1 dise que sobre dela había unha grande peneda que partiu ao medio. Unha metade levárona para unha casa do lugar de Galegos e a outra metade ergueuse nun voo e foi pousar ao río Miño.
Tamén se conta que houbo alí moito tesouro que levaron os amos antigos da casa de Lamacrebada, e nunha peneda que deixaron revirada víase un letreiro que dicía “A cincuenta pasos más hay muchos millones más”.
Na mámoa nº 4 saía por veces unha moura que peiteaba os seus cabelos. Tamén que por alí andaran os mouros, que o informante vira dous sobre a mamoíña de Rebuxós. Ían vestidos cunhas baetas encarnadas que relumbraban como o cristal. Cando o informante quixo reparar mellor neles, desapareceron, e entón decatouse de que eran mouros e non homes coma nós.
BIBLIOGRAFÍA