Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Toponimia

O topónimo Doncos

Algúns investigadores sitúan a gentilitas dos Desoncos en Duancos, que identifican co Doncos das Nogais (Lugo). García de la Riega, en Galicia Antigua. Discusiones acerca de su geografía y de su historia (1904), di que, aínda que a maior parte dos escritores identifican o vocábulo Desoncos co Doncos do municipio das Nogais, trátase dun erro debido á analoxía de ambas as dúas voces, pois os Desoncos pertencían á xente dos zoelas, mentres que Doncos era localidade dos Seurros. Polo tanto, este autor inclínase por situalos en Duancos, parroquia do concello de Castro de Rei. Schulten, Bosch Gimpera, López Cuevillas, Hübner e Monteagudo, entre outros, sitúan aos zoelas cara Bragança (Portugal), con capital no castro de Avelaes, tese da que participan as últimas investigacións que amplían a área cara o leste, ata a Terra de Aliste, na provincia de Zamora, e ata Miranda do Douro.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Xaneiro de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: