Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Toponimia

O topónimo Becerreá

Becerreá é o nome dun oncello da provincia de Lugo e o da súa capitalidade.Para J. Piel é un nome de señorío dun propietario latino, rematado no sufixo adxetival -ana, procedente dunha vila Becerrana ou Becerriana. Para Caridad Arias fai alusión a unha vila Beceriana, derivado do nome dun posesor Becerianus ou Bicerianus, forma patronímica do nome Becerius ou Bicirius que proveñen a súa vez da base nominal celta Beco/Becco, cuxo derivado Becius ou Vecius está documentado na epigrafía. Mais, segundo a lenda, debe o nome a un feito ocorrido durante unha das feiras que se celebraban na vila.
Ía un veciño co seu becerro á feira, cando un neno lle lanzou unha pedra ao animal. Tal foi a dor que lle produciu, que deu un salto e botou a correr sen que ninguén conseguira deteñelo. Chamaron entón ao alcalde, home valente e astuto, e conseguiu detelo e devolverllo ao seu dono.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: