Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Toponimia

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Medela

Na Medela, entre as parroquias de Regueira, concello de Xove, Lieiro e Castelo no concello de Cervo (Lugo), viviron os celtas. Cando os romanos quixeron botalos comezou unha guerra. Os celtas resistiron, a pesar das baixas, durante moito tempo. Os supervivintes, cando viron que xa non tiñan maneira de impedir a victoria dos soldados romanos, e antes de seren escravizados, subiron ó cumio do monte e suicidáronse con veleno sacado das piñotas cocidas dos teixos.
Hai que supón que esta Medela ben poidera ser o mítico Monte Medulio, e mesmo engaden que hai alí unha leira que chaman Teixide, que sería en orixe a teixoeira de onde sacaron o veleno aqueles celtas.
Tamén se asegura que alí hai un tesouro agachado baixo a pel dun cervo, e que debaixo están as ruínas daqueles celtas que non quixeron ser escravizados polos romanos.

[Agradecemos a Manuel García Dominguez a precisión na localización da Medela]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: