Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Toponimia

O nome da parroquia de Negradas

Os estudos etimolóxicos din que o topónimo Negradas pode derivar do adxectivo latino "niger", en alusión á cor escura ou negra da terra ou dun grupo de plantas de cor verde escura, nomeadamente, o chopo negro, "populus nigra", árbore propia de lugares húmidos.
Mais, segundo a lenda, a orixe do nome deambula por outros vieiros.
Contan que un soleado día de primavera, uns camiñantes observaron desde o monte Merán as tebras que envolvían o lugar que acubillou o mosteiro bieito, extinguido no século XV por mor do traslado das monxas que o habitaban ao de San Paio de Antealtares, en Santiago. Unha das testemuñas, observando que a contorna permanecía despexada, exclamou aterrecido á vista do apavorante fenómeno: "Que negro está todo isto". De aí o nome.

[Información remitida por Xabier Moure Salgado, de Pontide, Suegos, O Vicedo (Lugo), en maio de 2009]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: