Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Toponimia

Chantada

O demo andaba de viaxe por Galicia e levaba con el a súa nai. A señora cansou e pediulle ó fillo que a levara ás costas. Pero ela estaba moi gorda e pesáballe moito. Cando chegaron a onde está agora Chantada, o demo tirou a nai ó chan e dixolle:
—Aí quedas chantada!
Por iso lle puxeron ese nome a Chantada, capital do concello do mesmo nome da provincia de Lugo.

[Información remitida por María José Rodríguez Rogina, de Vigo, segundo versión escoitada na casa dos seus tíos en Chantada (Lugo)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: