Actualizado en data 10/12/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Astroloxía/
Meteoroloxía

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Arco da Vella e os tesouros

Contábanos os nosos pais -en Moaña (Pontevedra)- que cando aparecía o Arco da Vella, debiamos fixarnos moi ben onde "ía beber" (referíanse con esta expresión ao lugar da terra ou do mar onde nacía ou a onde chegaba o arco da vella) porque, de escarvarmos nese lugar, atopariamos un tesouro.
Noutras ocasións falábase, en vez de tesouro, dunha ola con moedas de ouro ou dun cofre, segundo a versión.

[Texto remitido por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

A miña avoa (de Fervenza en Valdeorras, Ourense) tamén me dicía parecido, ela dicía que había un pote con ouro :)

Enviado por Cristina o 09/02/2015 ás 19:48:07


Enviar comentario a este artigo: