Astroloxía/
Meteoroloxía
Conxuros contra a néboa
Érguete nebra,
puta da serra,
filla dun can
e dunha cadela;
aí vén san Xuán
co seu burro ruán
ai, que te mata
ai, que te papa
ai, que te leva
ó fondo do mar
a secar.
[Versión oral aportada por Anxo FERNÁNDEZ OCAMPO, Vilaeimil, A Pontenova (Lugo)]
Levántate, nebra,
D'o mar e d'a terra
Qu'ehí ven San Martiño
C'o seu ramalliño,
Chorando e debodando
Que t'ha de matar,
Cortach'a cabeza
E tirala ao mar.
[LENCE-SANTAR, E.; Etnografía Mindoniense, (edición de Armando REQUEIXO), Follas Novas, Santiago de Compostela, 2000, p. 90]
BIBLIOGRAFÍA