Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Astroloxía/
Meteoroloxía

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 091: Sortes e resortes

A Noitevella e os primeiros días do ano son propicios para realizar prognósticos do tempo para o ano entrante. Na derradeira noite pódese comprobar de onde vén o vento, se quente ou frío, seco ou húmido —abonda humedecer un dedo coa lingua para detectalo—. Se vén do leste o ano será seco, se do noroeste, frío. En Portugal acendían unha fogueira e se o fume tiraba para o norte o ano ía ser frío, e se tomaba rumbo sur, seco.

O das sortes, resortes e contrasortes —método similar ás témporas, cabañuelas ou repertorio da cebola— consiste en observar o tempo durante os doce primeiros días do ano, sendo cada día un remedo dos sucesivos meses. En chegando ao día 12 de xaneiro comezan as resortes coa observación do tempo meteorolóxico outros doce días. E aínda se poden observar as contrasortes, atendendo ao tempo outros doce días máis.

O prognóstico dedúcese da media das tres observacións, tendo en conta, como di E. Lence Santar, que as sortes non son moi seguras, as resortes sono máis e as contrasortes un algo máis fiables.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 7 de xaneiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: