Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Astroloxía/
Meteoroloxía

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 040: O astrólogo de Navín

Os entendidos en astroloxía, os que interpretan a posición e o movemento dos astros para deducir como afecta iso á vida das persoas, gozaron (e aínda gozan) de grande sona de sabios como sucedeu co chamado astrólogo de Navín, Nocedo (Quiroga).

Para probar o seu saber, ademais de atribuírlle a verdadeira autoría das táboas de logaritmos de Vázquez Queipo de Llano, tiramos esta anécdota da revista Nós, 123 (1934).

Os veciños, xente sen estudos maiores, querían saber se o home era tan listo como aparentaba e un día decidiron colocarlle unha fina folla de papel debaixo do penedo onde acostumaba sentar para facer as súas observacións.

Ao empardecer foi o astrólogo ata o lugar e os veciños seguírono para ver como reaccionaba.

Seica nada máis pousar o cu na pedra, dixo:

—Ou o ceo baixou, ou a terra subiu!

Quedaba así probada a súa capacidade para detectar unha variación de apenas uns micrómetros de distancia.

Parece ser que José Rodríguez “o Astrólogo do Bermés”, de Lalín, foi sometido pola veciñanza á mesma proba de agudeza, da que tamén saíu airoso.

SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 24 de outubro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: