Astroloxía/
Meteoroloxía
CATEGORÍAS RELACIONADAS
O estreleiro chamado Pobre de Xuvencos (Homenaxe a Antón Fraguas no Día das Letras Galegas 2019)
«O neno cren que nace baixo a influencia da estrela que está sobre a casa da parturiente. Hai máis de medio século percorría as aldeas de Galicia un pobre (de Cotobade, chamado Pobre de Xuvencos) que vivía da caridade da xente e levaba esmolas para determinados santuarios. Sabía gran cantidade de oracións, que rezaba unhas veces como fervor e outras de adiviñación, e coñecía as boas e malas estrelas. Contaba el mesmo que en certa casa onde lle deran pousada tivo lugar unha noite un parto, e mentres todos pedían a Deus que nacese axiña o neno, o esmoleiro saíu ao curral e rezaba en voz alta, e ao remate de cada oración dicía “Diola deteña”. Así ata que nun momento suplicou como os demais: un intre pronto e feliz. Segundo explicaba se nacera ao principio tiña unha mala estrela para toda a vida»
A. Fraguas (2003): La Galicia Insólita. Tradiciones Gallegas. Caderno do Seminario de Sargadelos 51, 9ª edición, O Castro, Sada.