Astroloxía/
Meteoroloxía
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Pena da Moura de San Xulián de Tor
Na parroquia de San Xulián de Tor, concello de Monforte (Lugo), nas proximidades do castro do Eivedo, está a Pena da Moura, tamén coñecida como Pena das Cruces. Este monte ten abundancia de pirita de ferro, e as augas que nel nacen, como a da Fonte da Boca, son ferruxinosas.
Cóntase que aquí vivía unha moura e que unha rapaza da parroquia que andaba polo monte ofreceulle leite das cabras. A moura para recompensala encheulle o mandil de pedras e díxolle que se converterían en ouro se non as miraba ata chegar á casa.
Mais, ai, impaciencia! A rapaza abriu antes e viu un montón de pedras, e cando chegou á casa baleirounas. Só unha, a única que non vira pois estaba no pregue do mandil, era de ouro.
O monte por ser abundante en ferro atrae os raios, aínda que un antigo párroco dicía que se os raios ían caer no monte cando tocaban a trono as campás da igrexa.
Debaixo da Pena da Moura hai un tesouro. Un grupo de homes que o quixeron desenterrar tiveron que deixalo pois ao comezar a remexer na terra brotaron da pena laparadas que os obrigaron a fuxir.
Texto elaborado por Antonio Reigosa a partri da bibliografía citada
BIBLIOGRAFÍA