Astroloxía/
Meteoroloxía
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Pena Moura d'A Moruxosa
Na Serra do Bocelo, na divisoria entre os concellos de Toques e Sobrado dos Monxes (A Coruña) atópase a área megalítica de Forno dos Mouros. Nesta área contabilízanse unha decena de mámoas, entre as que destaca o dolmen do Forno dos Mouros, así como unha formación granítica natural (producida pola erosión) denominada "A Pena Moura" cargada de lendas e folclore.
Para chegar a ela hai que dirixirse ata a aldea d'A Moruxosa, na parroquia de Paradela (Toques). Ó pouco de sair da aldea, seguindo en dirección a Sobrado dos Monxes, contémplase a Pena, de dimensións descomunais (acada os 11 metros de altura) e feitura ovoide, xa que se trata dun bolo de granito de liñas redondeadas, que descansa sobre un encame erosionado de gneis, a modo de niño. Xunto á Pena, na cara sur, aprécianse outras penas encabalgadas conformando un amplo abrigo natural.
A Pena Moura pola súa maxestuosidade, conferíuselle unha dimensión mítica, asociada ó imaxinario dos mouros. Aínda pervive no sentir popular a crenza de que a levaba unha moura sobre a súa cabeza. Hai varias versións recopiladas por Antonio Río López que reproducimos de maneira literal:
- "Cuentan por ejemplo, que esa roca fue traída en la cabeza por una mujer "moura" y que al colocarla un momento en el suelo para descansar, comprobó asombrada como la piedra iba creciendo cada vez más hasta convertirse en la enorme mole con la que lógicamente no podía continuar".
Outra versión dí, segundo o mesmo autor:
"la tienen los lugareños como colosal barómetro que predice la llegada del invierno; así el dicho de: xa chegou o inverno á Pena Moura, significa que ineludiblemente el invierno está ya a la puerta".
Por último fai mención a unha terceira versión provista dunha boa dose mitolóxica:
"Un sacerdote haciendo su habitual rezo en aquel lugar, un buen día pudo ver como la roca se abría ofreciendo ante sus ojos estupefactos un precioso altar de oro; más por querer acercarse, dejó el breviario sobre el suelo y un golpe de viento removió sus páginas lo que motivó que la piedra volviera a cerrarse al instante".
Blog "Bocelo Calidade" (Ver)
Queremos completar o lendario da Pena Moura d’A Moruxosa, como non podía ser doutro xeito, cunha transcripción literal do Terra de Melide. No capítulo "Folklore de Melide" da autoría de Vicente Risco e Amador Rodríguez Martínez recollen diversas lendas sobre esta maxestuosa pena da Serra do Bocelo, que aínda non días de hoxe, segue chamando a atención polas súas dimensións e morfoloxía:
“Ten esta pena moita nombradía en toda a bisbarra do Bocelo, non soio pol-a sua manitude, pois asegún os paisanos non-a hai maor en toda España, senón tamén pol-a fartura d´ouro que garda nas entranas.
Non nacéu a pena alí, senón qu´a trouxo unha vella na cabeza, e a vella viña ó mesmo tempo fiando. (O qual cóntase de moitismos penedos redondos da nosa terra). Mais esta debía pesar moito, pois a vella, cand´a deixou, dixo:
—Vaite, pena, qu´inda pesas ben; inda veña un raio que te parta!
E n-aquil mesmo instante, baixóu un raio do ceo e tiroulle á pena un anaco qu´ainda hoxe se pode ver á carón mesmo d´ela.
Esta pena foi encantada c´unha caldeira de cobre chea d´ouro, un adibal de seda e un bastón. Enrolaron o adibal na caldeira, e facendo tres cruces sobor d´ela, co bastón, dixeron:
—O que d´aquí te desencantare, tres paus co iste bastón che ha de dare!
Mais non ben dixeron isto, o adibal volveuse un culebrón feísmo, que fuxeu para o fondo da terra coa caldeira. Agora, pra desencantala, hai que buscal-o bastón e mais o libro de San Cibrao, que sei qu´o tiña un crego do lado das Corredoiras.
Variante da coñecida lenda do adibal trocado en serpe.
Os montañeses traballaron moito pra desenterrar o tesouro, e algunhas noites téñenas pasado en craro, sudando pra non atopar máis que desilusiós.
Contan que s´atopóu unha pel de boi (tamén cousa repetida, e relacioda co becerro d´ouro d´outros lados), chea de cartos, que nadia poido apreixar, e tamén unha ucha acugulada d´ouro, mais coberta c´unha pedra moi grande que non poidero_nMover.
Un día tamén, chegou un crego perguntando pol-a ditosa pena, que ll´amostróu e ata o acompañou alí un veciño da Amaruxosa. Enchegando á veira d´ela, dixo o crego ó home:
—Mire: vostede ha de facer canto eu faga, mais sen falar nen unha soila verba.
Logo de dicir isto, púxose o crego a ler e a desler n-un libro, e conforme ía lendo, o penedo abríase pouco e pouco ata que s’abréu de todo e deixóu ó descoberto un lindo altar con moi relumantes santos d´ouro. Entón o cura pousou o libro aberto, c´unhas pedriñas nas puntas pra que se non pechase, pois s´isto acontecía, tamén se pechaba a pena, e entrou deica ó altar e colleu un santo. Mais o peisano tivo medo e non quixo seguir ó crego, o qual, ó sair, con moito enoxo contra d´il, tocou sen darse conta ó libro, e o libro cerrouse, e ó cerrarse o libro, tamén se pechou a pena. Mais anínda se nota hoxe a regandixa por onde abreu.
Lenda espricativa, sen dúbida, d´unha fenda da pena, co-a clásica cousa da maravilla subterránea e a non menos clásica da torpeza do aprendiz de bruxo.
Outra vez veu tamén un crego á desencantar o tesouro da pena, e convidóu á dous compadres pra que foran co-il, e os dous ofercéronse ó istante. Mais cando foi a hora do desencanto, soilo apareceu un. Puxéronse o crego e máis o compadre á traballar á beira da pena, mais por moito que fixeron e leu e desleu o crego, nada poideron atopar dos tesouros que buscaban. Entón, por non voltaren bulrados onda ó outro compadre, encheron un saco de cornos de carneiro e leváronllo á casa. Il estaba inda na cama, e cando chegaron lles non fixo moito caso. Mais de que se levantóu, foise ó saco ver o qu’había, e non ben o abríu, víu qu’estaba cheo de cornos, pro non de óso, coma denantes os colleran os outros, senón d’ouro. Entón dixo pra sí:
—Recorcio! Cand’esto me deixan á mín, sabe Dios o qu´iles levan!
E foise á casa do compadre, o qual quedou parvo ao ouvir o miragro que tivera nas maus e que deixara voar.
É o caso do ouro trocado en cousa ruín”.
[Texto e foto remitidos por Xurxo Broz e Cristina Vázquez, de Melide (A Coruña). Febreiro de 2015]
BIBLIOGRAFÍA