Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Astroloxía/
Meteoroloxía

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As campás da igrexa de Liripio

A igrexa de Liripio, concello da Estrada (Pontevedra), ten unhas campás máxicas que arredan o trono. Seica viñeron dun lugar chamado O Inferniño, que está onde desauga o Regueiro do Esqueiro no río Umia. Concretamente do Pozo de Uzal, onde hai unhas pedras con figura de campá.

Cóntase que foi un pastor de cabras quen, casualmente, as descubriu. Seica atou unha das cabras a unha raíz, e cando a cabra tirou soou unha campá.  Parece que ten un son especial capaz de afastar as treboadas da parroquia. Por iso, en Liripio din:

Campaniñas de Liripio

cando empezás a tocar

nin que forás un feitizo

vai a tronada pro mar.

As campás da igrexa de Liripio, que son dúas, teñen estas inscricións. A grande é de bronce e di “ME HIZO JOSE LISTE. AÑO 1890”; e a pequena, tamén de bronce, reza “ME HIZO JOSE LISTE. AÑO 1841”.

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Gran artigo pero, deberiades de mirar a data da campá menor. A data de 1841 é totalmente imposible se leva esa inscrición. Seguro que foi un erro. Un saúdo

Enviado por Xosé Troiano o 20/12/2022 ás 22:14:35


Enviar comentario a este artigo: