Eusebio de Meire
Eusebio de Meire era recadador das rendas do marqués de San Martiño de Ombreiro pola Terra Chá. Cando tiña problemas para cobrar usaba as artes de nuberio e montaba treboadas para apedrar os cultivos de quen lle parecía.
Deixou en herdanza unha casa na parroquia vilabesa de Belesar e uns anteollos para reducir a forza da vista, pois tamén causaba mal de ollo coa mirada.
BIBLIOGRAFÍA