A cruz de Vilachá
A cruz de Vilachá está na parroquia de Portocelo, concello de Xove (Lugo), e púxose alí porque no lugar onde está morreu un home por culpa dun raio.
Parece que cando pasou por alí tronaba e lostragaba e o home aínda tivo a soberbia de dicir.
—¡Mal raio me parta!
E partiuno; atinoulle un raio e deixouno seco coma un chamizo.
BIBLIOGRAFÍA