Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Astroloxía/
Meteoroloxía

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Pedra do Paraíso

Nome que se aplica aos meteoritos, tal e como rexistrou E. Fernández de la Cigoña a un veciño de Mangüeiro, concello de Avión (Ourense) cando lle amosou un anaco dun que supostamente caera na Serra do Suído, cara a parte de Avión, a finais do século XIX.
Os meteoritos, tal e como conta o autor do libro que se cita como fonte desta información, gozan dunha sona contraditoria. Por unha banda dise que o que se faga cun anaco desas “estrelas” que caen do ceo, quedará rico de por vida (seica son de ouro); pola contra, outros din que se cae sobre unha casa de labranza un destes anacos, nin se recolle o meteorito, nin se recompón o tellado, nin se volve a habitar.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: