Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Astroloxía/
Meteoroloxía

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Xan Pombo

Ben coñecidas son as odiseas de grandes aviadores que foron construíndo a historia da aviación. Entre eles convén salientar ao santanderino Juan Ignacio Pombo, protagonista en 1935 do primeiro voo entre Santander e México. O seu pai, o tamén aviador Juan Pombo Ibarra, realizara en 1913 o voo entre Santander e Madrid sobrevoando audaz a perigosa cordilleira.
Mais son poucos os que coñecen a fazaña de Xan Pombo, de Cuntis, que ben imitando aos seus homónimos, cos que non o unía ningún tipo de parentesco, ou simplemente para darlle un certo sentido ao seu apelido que fai referencia a unha ave, acometeu unha arriscada empresa que deu moito que falar en Cuntis e os seus arredores, até o punto que foi reflectida polo xornalista Xaime Solá, visitante asiduo da vila balnearia, na súa revista Vida Gallega en 1932.
Era Xan Pombo un personaxe estrafalario, moi culto a pesar de ser labrego, pois chegou a compor varios libros de poemas de temática anticaciquil que permanecen de momento inéditos. Chegou a compartir tribuna con destacados galeguistas e agraristas como Gomez Paratcha, Salgado, Culebras, Castelao, Vilar Ponte, Cabanillas. Era ademais un afervoado republicano. Ben coñecidos eran os seus mitins á saída da misa en Cuntis ou en distintas aldeas do concello, nalgunha das cales tiña un moi numeroso auditorio. O feito de que moitas mulleres asistiran con interese ás súas arengas foi motivo de que algún paisano reprendese ás mozas de Xinzo considerando que o feito de que na república lles concedesen o dereito a voto, e o de facerlle caso a Pombo era algo polo que debían se consideradas culpábeis do estalido da Guerra Civil.
Pero imos ao caso que nos ocupa, o da fazaña aviatoria. Argallou o noso peculiar personaxe un enxeño consistente nunhas ben amañadas ás de palla coas cales pretendía guindarse desde a chamada Pedra da Águia, no cumio do monte Xesteiras, e conseguir planear até tomar terra con suavidade. Mais non totalmente convencido de que a cousa funcionase fíxolle unhas ás iguais ao seu can para ver que pasaba. Mais o can foi tan torpe que non lle deu as ás e meteuse un bo castañazo contra o chan. Non o pensou máis o noso intrépido personaxe e guindouse detrás do animal, e aínda que aletexou canto puido o resultado foi o mesmo. Co corpo cheo de fracturas foi levado ao hospital onde se foi recuperando de vagar das mazaduras e traumatismos. Mais do que non se puido recuperar nunca foi das súas frustradas arelas voadoras, perdendo para sempre aquel o seu ánimo teimoso e idealista.

[Texto de Marcos Seixo Pastor, de Cuntis (Pontevedra)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Estimados señores:
Su página me parece un auténtico acierto. Me gusta, pero la disfrutaría mucho más si tuviera su correspondiente versión en español, lengua materna y oficial también (no lo olviden) de su comunidad autónoma.
Un saludo de un madrileño.


Enviado por wjeeves@hotmail.com o 26/12/2008 ás 13:17:00


Moitos parabéns pola ben documentada páxina feita na língua da Nación de Breogán iso fai parte do noso antigo patrimonio cultural do que deriva o vello castelán pra quen dende o respeto teña a ben .

Enviado por Bóveda o 09/11/2010 ás 20:20:26


Enviar comentario a este artigo: