Webs encantadas
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
►Asociación Socio-Pegagóxica Galega
A AS-PG (Asociación Sócio-Pedagóxica Galega) constitúese o ano 1976, movemento de renovación pedagóxica pioneiro de Galiza e asociación sociocultural integrada por máis de mil asociados e asociadas de todo o país, vencellados directa ou indirectamente cos ensinos Primario, Secundario e Universitario.
Estes anos de actividade ininterrompida avalan a traxectoria da AS-PG: formación docente, publicación de materiais didácticos, promoción de espectáculos audiovisuais, elaboración de estudios sociais, implicación decisiva no proceso de normalización lingüística, etc.
Durante este tempo foi ampliando as súas actividades e incrementando o número de asociados/as ata converterse no Movemento de Renovación Pedagóxica de referencia para os ensinantes galegos.