Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Webs encantadas

Patrimonio do concello do Vicedo

Excelente blog ao coidado de Xabier Moure Salgado

PATRIMONIO DO CONCELLO DO VICEDO

.
_________Para aqueles que descoñecían este Patrimonio do Concello do Vicedo dicirlles que a páxina naceu para sensibilizar ao público en xeral pero sobre todo ás administracións públicas da necesidade de protexer, preservar, poñer en valor e divulgar o vizoso e esquecido patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, do municipio do Vicedo. Porque O Vicedo é algo máis que festas e merendolas.
Cómpre aclarar que non resultou doada a recompilación dos datos que insiro nas distintas entradas, a escasa (caseque nula) bibliografía sobre o municipio tiven que suplila con informacións provenientes doutros ámbitos xeográficos (Viveiro, maiormente), co traballo de campo e a transmisión oral. De aí as lagoas que poden aparecer nos distintos apartados. Máis esas, en Historia do Concello do Vicedo hai un período do que si dispoño de máis datos pero que, pola contra, aínda non completei. Trátase do período que vai dende mediados do século XX ata hoxe, etapa da que estou a facer unha escolma co gallo de achegar a información máis salientable.
O meu propósito é que aquí poida participar todo o mundo, achegando información ou, tamén, ampliando ou modificando a que hai. Agás manifestación en contra, citarase a fonte.
Xabier Moure Salgado


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: