Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Webs encantadas

Cóntocho

CÓNTOCHO
Contar unha historia. Escoitar unha historia. Velaquí dúas maneiras de gozar a través da palabra.

A narración oral é sempre un acto no que se mesturan pracer e xenerosidade. Porque, para que xurda a emoción, quen conta debe poñer a súa arte e sabedoría ao servizo do auditorio, e quen escoita deberá entregarse sen reservas.

Se así sucede, todos, todas, narradores e oíntes, acadarán igual sentimento de gozo mentres a narración discorre.

O Colectivo Tatalo constitúese no ano 2006 co obxectivo de organizar un evento que tivese por eixe a Oralidade, unha Festa da Narración Oral.

É empeño do Colectivo que a Festa teña periodicidade anual, e que sirva para convocar, arredor das historias contadas en viva voz, a cantas persoas queiran achegarse por esas datas ao concello de O Pino.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: