Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Edificios encantados

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A casa das cadeas de Donramiro

Hai moito tempo había en Donramiro, Lalín (Pontevedra), unha casa na que vivían tres irmás e cada noite nesa casa oíanse ruídos de cadeas, non se sabe polo que. Pero un día foi o cura bendicir a casa e xa non se escoitaron máis aqueles ruídos. [Texto remitido por Vanesa Enríquez Brea, de Donramiro, Lalín (Pontevedra)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Mi abuelo Manuel Palmaz, pasaba los veranos en Don Ramiro con mi padre. Creo recordar que en alguna ocasion mi padre comentó algo al respecto de esta leyenda. Yo tuve la gran suerte de conocer Don Ramiro antes de que mis tias malvendieran aquella finca. Por suerte mi padre enmarcó una fotografia de la Casa, la cual preside el salon de mi casa.

Enviado por Jose Antonio Palmaz o 17/01/2016 ás 23:03:36


Na miña infancia, á casa coñeciámola como "Casa de Palmaz" e unha das lendas que circulaban sobre ela era que unha noite a xente deixou o chan estrado de fariña e ao día seguinte apareceron as marcas das cadeas na fariña.
Esta casa era un curioso edificio cun piso alto e patio interior, mais non era unha casa demasiado antiga pois creo recordar que non estaba feita de pedra senón do que se coñece como "barrotillo". Posuía unha estupenda horta con árbores froiteiras e un xardín. Foi derrubada nos anos 90 e agora hai no lugar unha pequena urbanización.

Enviado por Manuel G. Alvarellos (Lalín) o 18/02/2010 ás 19:40:23


Era la casa natal de mi padre, Ramón Palmaz, hermano de Delia, Ramonita y Pepita (eran más hermanos). Yo he pasado los veranos de mi infancia y mi adolescencia en esa casa (tengo 64 años).

Nunca he oído en mi familia hablar nada sobre esta leyenda, pero "haberlas haylas"

José M. Palmaz

Enviado por José M. Palmaz o 08/06/2013 ás 22:54:32


Delia, Ramonita e Pepita parece ser que eran as tres irmás cre lembrar a miña avoa, e di con retranca, se lle botaran ratibrón seguro que non se escoitaba ruido ningún ^_^

Enviado por Gabriel o 05/12/2011 ás 17:13:15


Enviar comentario a este artigo: