As Pedras da Lagoa do Carregal
Na enseada de Corrubedo, concello de Ribeira (A Coruña) no medio da marisma hai unhas pedras coñecidas como Pedras da Lagoa.
Cóntase que o apóstolo Santiago atravesou dun só pulo a enseada de Corrubedo; desde o Monte da Cidá ás Pedras da Lavandeira e ás Pedras do Canal, e dende alí a Corrubedo quedando as pegadas das ferraduras do cabalo marcadas nas Pedras da Lagoa.