Santa Bríxida
O primeiro día do mes de febreiro os celtas celebraban a festa de Imbolc en honor á deusa Brigit, protectora do fogar, das colleitas e das artes, venerada por poetas, médicos e ferreiros, A igrexa católica e a tradición irlandesa celebran este día en honor a Santa Bríxida, santa nacional de Irlanda, sustituta da anterior Brigit e bautizada polo mesmo San Patrico no século V. Repartía entre os esmolantes penlas de manteiga e da única vaca que posuía, cun ubre que nunca secaba, muxía leite para fartar ata a tres bispos que a visitaron. A igrexa aínda venera outra Santa Bríxida en xullo e en outubro, esta en honor dunha nobre sueca do século XIV. Esta santa, segundo conta ela mesma no libro "Revelacións" tivo moitas manifestacións da divindade e peregrinou, antes de enviuvar do seu esposo Ulf Gudmarson, a Compostela, a Roma e a Xerusalén.
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS