Actualizado en data 17/09/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Santiago e a peregrinaxe

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O pan convertido en pedra

«En Vilanova (actual Arzúa), outro necesitado peregrino de Santiago pediu esmola por amor de Deus e de Santiago a unha muller que tiña un pan entre as brasas quentes.

Ela contestoulles que non tiña pan.

O peregrino díxolle:

—Queira que o pan que tes se converta en pedras!"

E cando aquel peregrino marchou daquela casa e xa estaba lonxe, achegouse a mala muller ás brasas pensando recoller o seu pan, pero atopou unha pedra redonda en lugar do pan.

Arrepentida de corazón, saíu buscar ao peregrino, pero non o atopou».

[Codex Calixtinus, libro V]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: