Actualizado en data 06/04/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Santiago e a peregrinaxe

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Vákner de Fisterra

Ser ben estraño para a nosa tradición mítica, sobre todo pola denominación, non tanto polas características que se lle atribúen.
En outubro de 1485 un bispo armenio chamado Mártir peregrinou a Roma desde a cidade armenia de Erzincan, actualmente pertencente a Turquía, e logo continuou viaxe por Europa, chegando a Santiago de Compostela, e desde aquí a Fisterra. 
En Galicia pasou 84 días do ano 1492, e de todo o seu periplo, que durou máis de seis anos, deixou memoria nun breve escrito que sería traducido ao español en 1898 co título Relación de un viaje por Europa con la peregrinación á Santiago de Galicia, verificado á fines del siglo XV por Mártir, obispo de Arzendjan. Traducido del armenio por M. J. Saint-Martin y del francés por E. G. de R. (Emilia Gayangos de Riaño). 
O bispo conta no texto como nos Montes de Buxantes, concello de Dumbría (A Coruña), despois de recibir a bendición de Santiago, “púxenme en camiño e cheguei a extremidade do mundo, á praia da Santa Virxe, a un edificio que foi construído pola propia man do apóstolo San Pablo (sic) e que os francos chaman Santa María de Fisterra. Padecín moitos traballos e fatigas nesta viaxe, no cal topei con gran cantidade de bestas moi perigosas. Encontramos o vakner, animal grande e moi daniño.”
Segundo J. l. Pensado o Vákner tería que ser un animal fabuloso creado pola igrexa para desterrar un culto pagán. Aurora Lestón Mayo considérao un dragón como o 'fáfner' da Biblia. É evidente que se parece a seres salvaxes da mitoloxía popular como o busgoso asturiano, o basajaun vasco e o rabeno e o lobishome galegos.
No Dicionario dos seres míticos galegos engádese “Os habitantes dalgún lugar próximo que el (bispo Mártir) chama País dos Holani, comedores de peixe e falantes dunha lingua que o bispo non entende, marabillábanse de que o armenio puidese zafarse do Vákner cando compañías de vinte persoas non puideran pasar”.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: