Pegadas do cabalo do apóstolo Santiago en Augas Mestas
Nunhas penas que hai en Augas Mestas, concello de Quiroga (Lugo), non lonxe da igrexa parroquial de Santiago das Covas, estando Santiago loitando contra os mouros quixo que o seu cabalo pegase un brinco para saltar o río. O cabalo fixo forza e pasouo río ata pórse do outro lado na aldea chamada Castro de Abaixo. En proba do prodixio quedan alí as pegadas da ferradura da montura.