Actualizado en data 06/04/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Santiago e a peregrinaxe

Fonfría do Camiño

Fonfría do Camiño é lugar de Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Debe o seu nome a unha fonte que aínda existe fronte da igrexa parroquial e que aliviaba a sede aos peregrinos. En tempos houbo un hospital de peregrinos que dependía do convento do Sancti Spiritus de Melide. Cóntase que este hospital fornecía aos camiñantes de lume, auga, sal e cama con dúas mantas; aos doentes, ademais, con ovos, pan e manteiga.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Decembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: