Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Santiago e a peregrinaxe

O peregrino alemán

Xa superara Vega de Valcarce (León), unha espesa nevarada recibiu ao peregrino alemán cando atacaba a fatigosa subida ao Alto do Cebreiro (Lugo). A neve axiña cubriu o camiño. Mais as desgrazas só paren desgrazas: unha mesta néboa envolveu ao home. Despois de horas e horas de desesperada camiñada, nin unha muxica de vida humana, nin unha encanastrada cabana onde gorecerse asomaba por ningures. Perdérase. A noite botábase enriba, se Deus e o Apóstolo Santiago non o auxiliaban, a súa morte era segura. Xa perdera a esperanza cando, ao lonxe, escoitou o canto dun pegureiro. Guiado polo arroubador son, o peregrino chegou ao Santuario do Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

[Texto de Xabier Moure Salgado. Decembro de 2011]



Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: