Santiago e a peregrinaxe
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Pena da Elección
Pena da Eleción (Pena da Lección nalgúns mapas), tamén parece que é coñecida como Pena da Gaita, é o nome que recibe un penedo con restos podomorfos que está na parroquia de Irís, no concello de Cabanas (A Coruña), no entorno do xacemento castrexo denominado Castro do Couto (Pico do Castro) e non lonxe da pedra de termo de enorme interese etnográfico coñecida como Marco do Salto.
Desde a Pena da Elección a panorámica que se nos ofrece sobre a desembocadura do Eume é magnífica.
Segundo versión recollidas por diversos investigadores, antigamente nesa pedra elexíanse os alcaldes. No alto da pedra existe a figura dun pé, unha especie de trono ou cadeira, a pegada da ferradura do cabalo de Santiago cando ía camiño de Santo André de Teixido. A carón disque hai unha tumba e na Noite de San Xoán oíase tocar a gaita.
Parece que non moi lonxe deste penedo había outro que foi dinamitado para facer coa pedra unha casa en Irís e do que tamén había referencias de escoitárense músicas dos mouros e das mouras.
A posible relación deste penedo cos ritos de investidura de reis e xerifaltes célticos semella, para algúns estudosos, incuestionable.
©Antonio Reigosa (http://www.galiciaencantada.com)
_________
BIBLIOGRAFÍA