Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Fonte do Buraco

Na fonte do Buraco, en Reibón, parroquia de Meira, concello de Moaña (Pontevedra), cando o sol brillaba intensamente no monte da Paralaia (situado ao oeste da fonte) saía unha princesa moi fermosa a peitear os seus cabelos cun peite de ouro.
Un día que pousou o peite nun penedo, un porco que andaba a fozar por alí fuxiu con el na boca. Xa na casa dos seus amos, estes decatáronse de que o peite era de ouro e, pretendendo facerse con máis, mandárono de volta coa intención de que os levase ao lugar onde o collera.
Pero da princesa non quedaba nin rastro e ao matrimonio, dende entón, nunca máis lle foi ben.

[Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra). Recollida de Isabel Del Río Santomé (74 anos) a quen, á súa vez, lla contara o seu pai, quen, de vivir nesta altura, pasaría dos 120 anos]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Quen visite o Castelo de San Paio de Narla en Friol, poderá oir a historia de Dona Catalina foi a dona de Vasco de Seixas,o señor da Fortaleza,un home violento que empezou a tratar mal a sua muller. Ela aguantaba resignadamente e Vasco de Seixas que qería desfacerse de ela, acosouna de ser infiel e simulando celos asesinouna Vasco de Seixas deulle unha puñalada e logo fuxiu ao Reino de Portugal. Os restos da difunta Catalina que foi enterrada no mosteiro de Sobrado, puxeron os feitos de seu pai que pidiu a Real Audiencia da Coruña investigase os feitos cando desenterraron o cadaver o corpo non estaba nada descomposto, estaba como dormida, e sangue saindo do seu peito coma cando fora asasinada. Pa xustiza este feito abondou para demostrar a culpabilidade de Vasco de Seixas

Enviado por arturocovas@gmail.com o 18/11/2010 ás 20:14:42


Enviar comentario a este artigo: