A Cova da Serpe de Punxín
En Punxín, parroquia de Santa María, concello de Punxín (Ourense), había unha serpe moi grande nunha cova. Se alguén entraba alí era hipnotizado pola serpe e xa non podía saír.
A xente reaccionou e decidiu taponar a entrada da cova para evitar máis desgrazas. Así o fixeron pero, ninguén sabe como, a serpe puido fuxir.
Disque conseguiron detela usando maxia pero todos teñen medo a que a cobra poda reaparecer en calquera momento.
[Recollido por Adrián Mosquera González en xaneiro de 1994 a Santiago González Fernández (74 anos)]
BIBLIOGRAFÍA