Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Pozo do Inferno de Vilaquinte

O Pozo do Inferno está en Vilaquinte, Navia de Suarna (Lugo). A carón desta aldea pasa o río Ser con moita forza e ten un pozo moi profundo.Chámanlle Pozo do Inferno desde un día que pasou por alí un home con vacas e mais ovellas; o home achegouse ao río e esvarou, e canda el foron parar ao pozo unha vaca e unha ovella.
Tamén se conta que neste pozo caeu un can e cando todos contaban que o can afogara resulta que, ao cabo dunha semana, o sentiron ouvear por debaixo de Chaodevilarín.
Postos a investigar como fora posible, descubriron que entre o Pozo do Inferno e Chaodevilarín hai unha cova moi longa.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: