O mouro e a Virxe
A lenda cóntaa o meu avó. Fala de dous labregos, veciños de Moneixas, Lalín (Pontevedra), que estaban traballando nunha leira e atoparon o corpo dun mouro enterrado; e debaixo del unha alfombra.
Pasada unha semana, e tamén o susto, os labregos volveron ó mesmo lugar por ver se atopaban un tesouro, dadas as abondosas lendas que hai sobre estes personaxes. Pero esta vez no canto dun mouro ou dun tesouro, aparecéuselles a Virxe.
[Texto elaborado por Carlota Iglesias Vázquez, de Lalín (Pontevedra)]