A cova dos mouros de Castrelos
En Castrelos, Vigo, a tres metros do lavadoiro da Rúa Mestres Goldar, antes de chegar á igrexa de Castrelos, houbo unha cova que agora está tapiada e abandonada.
De nenos incluso nos metiamos uns metros, pero en seguida recuabamos porque cada vez estreitábase máis. As version variaban segundo quen as contaba, aínda que, basicamente, coincidían en que era unha cova dos mouros, que alguén (na guerra dicían algúns) entrara esconderse (ou buscar os tesouros) e atoparan armas e ósos de homes.
Había quen engadía que a cova chegaba ate o Pazo de Castrelos ,que iso, xa de nenos, parecíanos unha exaseracion. Pero o dos mouros era verdade, verdade...
[Texto elaborado por José Carlos Rodríguez, de Vigo]
BIBLIOGRAFÍA