Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

O pasadizo do Castelo de Castro de Amarante

Conta a lenda que no Castelo de Castro de Amarante, entre Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo), no forno da cociña principal, existe un pasadizo que leva até o cimo do Monte Farelo, a poucos quilómetros de alí.
Segundo unha versión popular, o Castelo pertenceu a unha familia poderosa que construíra ese pasadizo co traballo dos seus escravos e coa idea de poder escapar do castelo e salvar así a vida no caso de que houbese unha guerra e as cousas pintasen mal.
O Castelo leva tempo abandonado, polo que unha maleza de silvas e toxos se apoderou del. Pero a lenda tamén conta que a un veciño do pobo deulle por entrar alí, ir ao forno, soltar un capón polo suposto pasadizo e pechar a porta. Por ver que pasaba.
Dous días despois o capón, un tanto debilitado e algo desplumado, apareceu na cima do Farelo.

[Recolla e texto de Verónica Vázquez Areán, de Trabancas, Agolada (Pontevedra)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Son de Antas de Ulla e sei esta historia,tal como eu sei a lenda é así.Respecto o castelo estano restaurando

Enviado por anónimo o 19/11/2007 ás 17:23:16


Enviar comentario a este artigo: