Xeografía mítica
O túnel da Serra de San Mamede
Din os vellos que hai un túnel que atravesa a Serra do San Mamede, e comunica Santirso, concello de Maceda (Ourense) con Montederramo (Ourense). Por este túnel, hai moitos anos, os monxes do mosteiro de Montederramo pasaban, cando había neve na serra, para poder ir a Santirso controlar as terras do val de Maceda que por aqueles anos dominaban.
[Texto elaborado a partir da tradición oral por Pablo Aguiar, residente en Barcelona]